Medio Ambiente propón a creación dun comando verde por centro educativo para afrontar os retos e valores de sustentabilidade

29/05/2018

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio presentou esta mañá a iniciativa Escolas Verdes, dentro da campaña ‘Verdear é a actitude’, para introducir nas súas actividades habituais boas prácticas ambientais, co fin de mitigar os efectos do cambio climático

Salienta o apoio do Goberno galego ás escolas que voluntariamente innoven, sistematizen e organicen actividades para afrontar o reto social de converter os xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables

Recorda que se elaborará un manual que conterá un listado de boas prácticas ambientais para todas as actividades da escola

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio propón a creación dun comando verde por centro educativo para afrontar os retos e valores de sustentabilidade. Así o trasladou esta mañá durante a presentación da iniciativa Escolas Verdes, dentro da campaña Verdear é a actitude, no CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma; un programa voluntario, para mellorar o comportamento ambiental dos galegos e galegas e protexer o noso medio ambiente desde as idades máis temperás.

Mato Otero recordou que esta actividade forma parte da iniciativa Verdear, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, coa que se pretende mellorar o comportamento ambiental dos galegos e converter os seus xestos e esforzos en hábitos e costumes sustentables que -a súa vez- sexan unha resposta á mitigación dos efectos do cambio climático.

Grazas ao programa Escola Verde preténdese apoiar ás escolas de Galicia que queren innovar, incluír, sistematizar e organizar accións educativas que teñan a finalidade de enfrontar, dende a educación, os novos retos e valores da sustentabilidade; co fin de conseguir cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente, axudar aos centros a incorporar os valores da educación para a sustentabilidade en tódolos ámbitos da vida do centro e das familias, e promover a participación activa da comunidade educativa na mellora do seu medio.

Para axudalos nesta eiva estase a elaborar un manual para acompañar aos centros en cada un dos proxectos ou iniciativas que leven a cabo; polo que se propón a creación dun equipo de trabalo multidisciplinar, un comando verde, no que participen alumnos e profesores.

Aclarou que o manual tamén incorporará un listado de boas prácticas ambientais para todas as actividades da escola, entre as que destacan: utilizar unha bolsa de tela reutilizable para levar o bocadillo ao cole; conseguir uns colexios con “Aluminio 0” ou un recreo libre de plástico dun só uso; utilizar unha pequena cantimplora ou botella reutilizable para levar zume ou batido ao recreo; evitar a mestura de residuos e depositar cada residuo no seu contedor; ou pechar as fiestras cando a calefacción se atope acendida.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que se trata dun programa voluntario e animou aos centros educativos de Galicia a sumarse a esta iniciativa, para conseguir o distintivo de Escola Verde, reto no que se contará coa colaboración da Consellería de Educación.

Xunta de Galicia

A conselleira deMedio Ambiente e Ordenación do Territorio presentou a iniciativa Escolas Verdes

Actualidade ambiental

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies