Mato aposta por identificar os residuos domésticos coa cor de cada colector para acadar un planeta máis sustentable

22/12/2017

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio salienta que o residuo cero é fundamental na loita contra o cambio climático e defínea como unha carreira solidaria entre xeracións.

Recorda que o Nadal marco un pico anual de consumo e unha época na que se xeran moitos residuos, non só de papel e vidro e cartón; senón tamén alimenticio, ao que “hai que poñerlle freo”.

“En España cada persoa xera anualmente 76 quilos de alimentos que acaban no lixo, o que nos converte no sétimo país do mundo que máis comida desperdicia”, matizou.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, destacou esta mañá a importancia de darlle cor aos residuos que diariamente xeramos para fomentar a reciclaxe, acadar un planeta máis sustentable e loitar contra o cambio climático.

Este é un dos obxectivos da iniciativa Verdear, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha como proxecto piloto dentro das actividades que se desenvolven na carpa da Asociación Zona Comercial Obelisco, e que esta mañá visitou a conselleira de Medio Ambiente, onde explicou que a idea é trasladar aos máis pequenos que a reciclaxe pode ser divertida, a través dunha mensaxe directa, sinxela e atractiva aos que nun futuro herdarán a responsabilidade de manter limpo o planeta.

Afirmou que o residuo cero é fundamental na loita, ou mitigación, contra o cambio climático, que é unha carreira solidaria entre xeracións, polo que as xeracións seguintes deben ser educadas no presente.

Recordou que o Nadal marca un pico anual de consumo e polo tanto cando máis residuos xeramos: papel, vidro, cartón, plásticos e todo tipo de desperdicios que teñen que ser convenientemente reciclados tras o seu uso. Tamén destacou que é un tempo de comidas, polo que debemos actuar contra o desperdicio alimentario, ao que hai que poñer freo; sobre todo tendo en conta que en España, “cada persoa xera anualmente 76 quilos de alimentos que acaban no lixo, o que nos converte no sétimo país do mundo que máis comida desperdicia”, recordou.

Mato Otero lembrou que para evitar este desperdicio no fogar, Sogama publicou un receitario de cociña Para rebañar o prato, para a partir de sobras de comidas elaborar novos pratos e reducir o desperdicio de alimentos. Un obxectivo que se vén de trasladar ao sector da restauración, coa sinatura dun acordo coas catro asociacións de hostalería, para que ofrezan aos seus clientes a posibilidades de levar para os seus fogares a comida non consumida no local.

A conselleira de Medio Ambiente destacou a organización de actividades como a visitada esta mañá, porque axudan a formar a nenos e ás familias na cultura da reciclaxe, dun xeito divertido e lúdico, grazas a xogos relacionados coa reciclaxe, e a talleres, nas que aprender a darlle unha nova vida a un refugallo.

Xunta de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, na Coruña

Novas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies