Máis de 20 toneladas de plásticos agrícolas recollidos en tres meses co novo sistema implantado polo Goberno

27/01/2017

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

O volume de residuos depositados polos lucenses no Punto Limpo do Concello durante o 2016 foi de preto de 225 toneladas, case 114 máis que no 2015

O Concello deu conta de que co novo sistema de recollida diferenciada e individualizada de plásticos agrícolas porta a porta nas instalacións agrarias do municipio xa se levan recollidas máis de 20 toneladas destes residuos nos tres meses dende que o Goberno puxo en marcha este programa, co que se dá resposta ás demandas veciñais, ofrecendo unha maior comodidade aos veciños e veciñas das 54 parroquias do rural.

Este novo plan que favorece a vida na zona rural lucense, foi posto en marcha pola entidade local no mes de outubro do ano pasado, dando como resultado ata finais de ano unha recollida de 20,4 toneladas, o que supón unha media de 6,8 toneladas ao mes. Este novo sistema fixo posible a desaparición dos puntos de acopio destes materiais existentes no termo municipal.  

O gandeiro ou produtor pode acceder a este servizo municipal de xeito gratuíto, mediante unha simple chamada telefónica a Urbaser, ao 982-25-44-83, ou ao teléfono de atención cidadá 010, onde solicitará a recollida dos plásticos agrícolas. Nun período máximo de 15 días, o Concello procede á recollida na porta dos residuos e xestiona a súa trazabilidade, asegurándolle ao produtor que realiza a racionalización dos residuos.

Residuos sólidos urbanos

O servizo municipal de limpeza recolleu no 2016 un total de 37.391,12 toneladas de residuos sólidos urbanos, unhas 3.116 ao mes, o que representa unhas 102 toneladas de media ao día. Mentres que ano 2015 recolléronse 37.002,78 toneladas, polo que foron 388,34 menos.

Respecto á recollida selectiva de papel, durante o 2016 foron recicladas preto de 1.300 toneladas, o que mostra unha maior concienciación dos lucenses pola separación dos residuos e a súa posterior reciclaxe. Este dato supón un aumento de 48,05 toneladas con relación ao ano anterior.

Por último, o volume de residuos depositados no punto limpo do Concello durante o 2016 foi de 224,24 toneladas, material entregado posteriormente a xestores autorizados para a súa reciclaxe. Esta cantidade representa 113,9 máis que no pasado 2015.



Concello de Lugo

Novas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies