O Concello implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico a través da web www.lugobiodinamico.eu

21/03/2017

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

O novo portal informa sobre o desenvolvemento do programa e fomenta a participación dos veciños e veciñas no mesmo

O Concello puxo en funcionamento a web www.lugobiodinamico.eu, un portal co que implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico, unha iniciativa dotada con 3,5 millóns de euros coa que desenvolve iniciativas en favor dun urbanismo sostible e un mellor aproveitamento forestal, a nivel económico e ambiental, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e de transformar Lugo nunha cidade máis verde.

Esta nova web contén información sobre as actuacións impulsadas polo Concello no marco do programa, documentación, sección multimedia, actualidade, unha axenda, enquisas, networking e un formulario de contacto. Ademais, todos os contidos do mesmo están accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Enquisa á cidadanía
 
A entidade local, aproveitando esta ferramenta tecnolóxica, tamén implica aos veciños e veciñas de Lugo no desenvolvemento do proxecto europeo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade, así como avaliar o nivel de coñecemento e satisfacción do proxecto Lugo+Biodinámico e tamén as necesidades da cidadanía que poderían satisfacerse coa xeración de novas actividades empresariais ligadas ao medio ambiente. A cidadanía pode cubrir a enquisa vía on line, dunha maneira rápida e sinxela, dende hoxe ata o día 30 de abril.

Concello de Lugo

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies