En vigor o bando da Alcaldesa que acurta os prazos para que o Concello poida facerse cargo da limpeza de fincas en mal estado

24/10/2017

O BOP publica hoxe o inicio da campaña municipal para promover a limpeza e mantemento de soares en toda a cidade

Tal e como avanzou o pasado venres a Alcaldesa, Lara Méndez, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o bando que anuncia o inicio dunha campaña municipal para promover a limpeza e mantemento de soares en toda a cidade coa finalidade de previr incendios, a través da que o Concello acurta os prazos para poder facerse cargo da roza de maneira subsidiaria, esto é, repercutíndolle despois aos propietarios o custe dos traballos.

No bando lémbrase aos donos das parcelas, independentemente do tipo de solo no que se sitúen –urbano, urbanizable delimitado, urbanizable non delimitado ou non urbanizable-, a súa obriga de proceder ao roce e limpeza das mesmas para evitar as importantes molestias que ocasionan. Igualmente, se comunica que inspectores municipais supervisarán o cumprimento dese deber e, no caso dos que se atopen sen rozar, o Concello procederá, se non hai alto risco de incendio, a ordenar o desbroce nun prazo de 15 días, coa incoación de expediente sancionador e apercibimento de execución subsidiaria, e se hai alto risco de incendio, co informe xustificativo do servizo de Bombeiros, á execución subsidiaria de maneira inminente, pasando despois os custes aos propietario. Esta medida “dá resposta a unha ampla demanda veciñal de toda a cidade”, subliñou a Alcaldesa.

Fuente: Concello de Lugo

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies