Daniel Piñeiro supervisa a plantación do souto de castiñeiros que creou o Concello nas Gándaras grazas ao Lugo+Biodinámico

25/04/2017

Este souto, dunhas 300 árbores, ten unha ocupación de 3,6 hectáreas. Está formado con variedades galegas recomendadas para a comarca, concretamente parede ou branca, garrida, ventura e negral

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisiou a plantación do souto de castiñeiros, con variades galegas, que creará o Concello no polígono industrial das Gándaras grazas ao programa europeo Lugo+Biodinámico, conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros, financiado nun 50% con fondos do plan LIFE e noutro 50% polo Concello, Deputación, Universidade de Santiago e Universidade Politécnica de Madrid. Ten un orzamento de 28.800 euros e un prazo de execución de 6 meses.

O souto de castiñeiros, dunhas 300 árbores, ten unha ocupación de 3,6 hectáreas. Está formado con variedades galegas recomendadas para a comarca, concretamente parede ou branca, garrida, ventura e negral, enxertadas sobre patróns híbridos resistentes á tinta, e distribuídas en liña, segundo indicacións do persoal da USC. O souto está pechado con malla cinexética e instalaranse portas de madeiras de dobre folla para permitir o fácil acceso. Ademais colocáronse 2 paneis descritivos, e poñeranse papeleiras e bancos de madeira, entre outros.

Este souto é unha das actuacións enmarcadas no Lugo+Biodinámico, cun ámbito de actuación de 18,6 hectáreas situadas entre os polígonos das Gándaras e O Ceao, co que o Goberno municipal busca desenvolver distintas accións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel económico e ambiental, o que mellorará a calidade de vida dos veciños, fará de Lugo unha cidade máis verde e abrirá novas oportunidades.

Este proxecto inclúe outras accións como o acondicionamneto de tres parcelas demostrativas para silvicultura de frondosas autóctonas que producen madeira de alta calidade, para o que se plantarán 4.510 exemplares de pradairo, carballo, cercedira e freixo en 4,1 hectáreas; ou o acondicionamento dunha área demostrativa para experimentar con cultivos enerxéticos para a produción de biocombustibles sólidos en formato de estelas. Neste caso plantarase 1 hectárea con chopo e con miscanthus giganteus, un pasto cun alto rendemento en biomasa. Esta madeira utilizarase como combustible para o edificio de consumo enerxético cero que se prevé tamén habilitar no marco do Lugo+Biodinámico. Ademais inclúe a planificación urbanística dun barrio ecolóxico, que estará situada en Duquesa de Lugo, entre outros.

Fuente: Concello de Lugo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies