O Concello ofrece orientación e formación enerxética para que as familias optimizen a súa factura de luz e gas

30/01/2018

Terán lugar dúas sesións informativas, realizadas pola Fundación Gas Natural Fenosa, o vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 16:00 e 18:00 horas, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana Abelleira, organizou para o vindeiro martes, 6 de febreiro, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, dúas sesións informativas sobre vulnerabilidade enerxética. Trátase dunhas xornadas, realizadas pola Fundación Gas Natural Fenosa, dirixidas ás familias, cun número máximo de asistentes por sesión de 20 persoas, destinadas a comprender a factura de luz e gas e optimizalas segundo as necesidades de cada familia ou as súas pautas de comportamento, así como información sobre o bono social entre outros. Terán lugar ás 16:00 horas e ás 18:00 horas.

Con esta iniciativa o Concello ofrece orientación e formación enerxética para contribuír a reducir o consumo enerxético e paliar así a vulnerabilidade e a pobreza enerxética, un problema que afecta ao 10% de fogares en España, segundo os últimos datos recollidos por Eurostat.

Fuente: Concello de Lugo

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies